viernes, 18 de septiembre de 2009

Neste curso 2009-10 comenzan, con plan Boloña, as novas titulación de Filoloxía na USC. Entre elas, o Grao en Linguas e Literaturas Modernas, dentro do cal inclúese "Filoloxía Románica". No módulo de Introducción á Filoloxía Románica, en primeiro curso, os estudantes poderán iniciarse no estudo das linguas e dialectos románicos coa materia AS LINGUAS DA ROMANIA, na que se fará unha presentación de cales son, onde se falan, cal é a súa orixe, o seu estado sociolingüístico e sociopolítico actual. Asemade, darase unha introducción ás técnicas de INTERCOMPRENSIÓN LINGÜÍSTICA, a partir da comparación estructural do español, portugués, francés e italiano.

Velaquí o Programa:

AS LINGUAS DA ROMANIA

GUÍA DOCENTE

curso 2009-10


1. Datos descriptivos da materia:

1.1. Descrición da materia:

· Nome: As linguas da Romania

· Código: G5081129

· Carácter: Obrigatoria no Grao de Linguas e Literaturas Modernas (Maior de Filoloxía Románica).

· Curso: 1º

· Cuadrimestre: 1º

· Créditos: 6 ECTS

1.2. Profesor encargado: Francisco Fernández Campo

1.3. Lugar e horario de titorías:

· Despacho 104, Facultade de Filoloxía.

· Luns, Martes e Mércores, de 10h a 13h.

2. SENTIDO DA MATERIA NO PERFIL DA TITULACIÓN

A materia As Linguas da Romania entróncase no módulo de Introducción á Filoloxía Románica, do que tamén forma parte a outra materia de 1º curso (2º cuadrimestre) A Literatura Románica Medieval no contexto europeo.

Dito módulo ten como finalidade esencial proporcionar ao alumno unha visión transversal e globalizadora da familia das linguas románicas e da xénese e desenvolvemento das literaturas que se expresan nesas linguas. Asemade, esta materia facilitará a comprensión da Romania como espacio lingüístico e cultural diferenciado no seo da tradición lingüística e cultural europea.

As linguas da Romania céntrase nos aspectos lingüísticos do módulo, como presentación previa á disciplina científica Lingüística Románica. Polo tanto, o alumno adquirirá un coñecemento fundamental sobre cales e cantas son as linguas e dialectos románicos, onde se falan, cal é a súa orixe, como se fraguou o proceso de individualización de cada unha delas a partir do latín, a historia da súa formación e cales son os principais problemas de estandarización, tanto individualmente como en conxunto, e tanto a nivel oral como escrito. Por último, introducirase ao alumno no método comparativo-contrastivo que lle permitirá afacerse cos mecanismos de aprendizaxe de varias linguas afíns á vez.

3. OBXECTIVOS E COMPETENCIAS

A) Os obxectivos fundamentais da materia son os seguintes:

· presentación xeral do panorama lingüístico da Romania,

· A formación, estructura, marco xeográfico e sociolingüístico das linguas románicas,

· A introducción ao concepto de variación lingüística e de codificación e estandarización das linguas neolatinas

· Comprensión e análise das diferentes nocións aplicadas á realidade lingüística románica, tales como a unidade e variedade do "continuum" románico, o proceso de fragmentación lingüística, bilingüismo e diglosia, dialectalización e contacto de linguas.

· Aplicación práctica da aprendizaxe de linguas románicas afíns: método de intercomprensión lingúística.

B) As competencias que adquirirá o alumno unha vez superada esta materia serán as seguites:

· Comprensión da Romania como espacio lingüístico en Europa e no mundo.

· Coñecemento dos mecanismos que explican a evolución lingüística dende o latín ata as linguas e variedades románicas.

· Adopción dun método de análise comparatista que supere a fragmentación dos estudos especializados.

4. CONTIDOS DA MATERIA

4.1. ESQUEMA

BLOQUE A: A ORIXE DAS LINGUAS ROMÁNICAS.
1. A familia lingüística indoeuropea. Principais características da familia e das súas ramas.
2. O grupo de linguas itálicas.
3. O latín. O protorromance.


BLOQUE B: AS LINGUAS ROMÁNICAS.
4. A familia das linguas neolatinas. Clasificación das linguas románicas.
5. Historia, xeografía e tipoloxía das linguas románicas.
6. Dialectos e variedades minorizadas.

BLOQUE C: FORMACIÓN E ESTANDARIZACIÓN DAS LINGUAS ROMÁNICAS.
7. Do latín ao Romance. Fragmentación das linguas románicas.
8. A Idade Media: formación e estandarización das linguas románicas.
9. Do Renacemento ata hoxe: a codificación das linguas románicas.

10. A Romania "Nova". Crioulos e Pidgins de base románica.
11. Contacto de linguas: os préstamos interlingüísticos.

BLOQUE D: LINGÜÍSTICA ROMÁNICA PRÁCTICA.
12. Intercomprensión gráfica, fonética e fonolóxica das linguas románicas.
13. Intercomprensión morfolóxica das linguas románicas.
14. Intercomprensión léxica das linguas románicas.


4.2. DESENVOLVEMENTO TEMÁTICO

BLOQUE A:

Os contidos do bloque A céntranse nas orixes das linguas románicas, tanto a primixenia, común a numerosas linguas euroasiáticas - O Indoeuropeo-, como á inmediata - o latín-. Farase unha presentación básica das distintas ramas e subfamilias de linguas indoeuropeas (tema 1), continuando coa familia itálica á que pertence o propio latín, como lingua nai das linguas románicas (tema 2). Por último, analisarase a evolución dende o latín ata a fase intermedia entre o latín e as linguas románicas, é decir, o protorromance.

Tema 1:

· O Indoeuropeo, lingua reconstruída.

· Hipóteses inductivocomparativas. O protoindoeuropeo. Orixe e asentamento xeográfico.

· As ramas lingüísticas do Indoeuropeo. Linguas şatem e linguas centum.

· As ramas de linguas mortas: tracio, frigio, hetita, tocario, ilirio, véneto-mesapio, macedonio-peonio e sículo.

· As ramas de linguas vivas: indoirania, armenia, balto-eslava, albanesa, helénica, xermánica, céltica e itálica.

Tema 2:

· O osco

· O umbro

· Os dialectos sabélicos

· O falisco

Tema 3:

· O latín e os seus periodos: preliterario, clásico e tardío

· A expansión do latín

· O protorromance, base das linguas románicas

· Influencia do latín escrito e do latín cristián

· O proceso de fragmentación do protorromance

BLOQUE B:

Céntrase na presentación de todas e cada unha das linguas, dialectos e variedades minorizadas románicas, a súa clasificación e tipoloxía, e a súa situación xeográfica e sociolingüística actual.

Tema 4:

· A familia das linguas neolatinas

· Hipóteses de clasificación das linguas románicas

· O grupo iberorromance

· O grupo galorromance

· O grupo retorromance

· O grupo italorromance

· O grupo balcanorromance

Tema 5:

· Historia e formación de cada unha das linguas románicas

· Distribución xeográfica das linguas e dialectos románicos

· Tipoloxía das linguas románicas

Tema 6:

· Lingua e dialecto

· Lingua de estado, lingua administrativa, lingua oficial, lingua de cultura

· Dialectos e variedades minorizadas

· Situación sociolingüística e socio-política das linguas, dialectos e variedades minorizadas románicas

BLOQUE C:

Bloque introductorio á diacronía e á gramática histórica dende o latín ás linguas románicas. Tamén se tratará a propia historia científica da disciplina dende a Idade Media ata hoxe. Por último, analisarase o problema do espallamento das linguas románicas a novos territorios (América, Asia, África), así como o contacto entre estas e as linguas autóctonas.

Tema 7:

· A diversificación lingüística da Romania

- Primeiros rasgos lingüísticos divisorios

- Factores lingüísticos externos determinantes no proceso de diversificación: o sustrato e o superestrato lingüísticos

· protorromance: breve introducción ás súas características lingüísticas

Tema 8:

· Os primeiros textos románicos:

- primeiras manifestacións escritas non literarias

- primeiros monumentos literarios

· Os primeiros intentos de codificación das linguas románicas

Tema 9:

· O humanismo e as primeiras gramáticas das linguas románicas

· O método científico aplicado ás linguas:

- a preocupación pola ortografía

- a orixe das linguas e os precursores da gramática histórica

· A Ilustración: fixación definitiva da norma lingüística

· O nacemento da lingüística románica como ciencia. Principais correntes metodolóxicas

Tema 10:

· A exportación das linguas románicas fóra de Europa

· As LR en América, Asia e África: formación dos crioulos e pidgins.

Tema 11:

· O adstrato lingüístico

· Os préstamos entre as linguas románicas

BLOQUE D

Bloque marcadamente práctico, adicado á intercomprensión das linguas románicas. Amosarase ao alumno a idea de que as linguas románicas son tan próximas que o falante dunha delas pode comprender con facilidade as demais. A aplicación práctica farase en principio con catro ou cinco linguas: español, portugués, francés, italiano e romanés. Trátase de comprender e non tanto de falar ou escribir, é decir, de adquirir competencia pasiva a través do estudo das similitudes e as diferenzas básicas entre as linguas románicas, sen perder nunca de vista o latín, fonte común a todas elas.

Tema 12:

· A Ortografía e os alfabetos

· As vocais

· As consoantes

Tema 13:

· O sustantivo e o adxectivo

· Os artigos

· Os pronomes

· Os numerais

· O verbo

· Os elementos de relacion sintáctica

Tema 14:

· Similitudes e diferencias léxicas

· Lexemas

· Prefixos

· Sufijos

· O patrimonio léxico hereditario

· As innovacións léxicas

4.3. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.

BACH, S. et alii, Quadrivio romanzo: dall'italiano al francese, allo spagnolo, al portoghese, Accademia della Crusca, Firenze, 2008.


FERNÁNDEZ REI, F. e SANTAMARINA FERNÁNDEZ, A (eds.)., Estudios de sociolingüística románica. Linguas e variedades minorizadas, USC, Santiago de Compostela, 1999.


GARGALLO, J.E., Les llengües romàniques, Empúries, Barcelona, 1994.


GARGALLO, J.E. e BASTARDAS, Mª R., Manual de lingüística románica, Ariel, Barcelona, 2007.


GLESSGEN, M.D., Linguistique romane: domaines et méthodes en linguistique française et romane, Colin, Paris, 2007.


KLINKENBERG, J.M., Des langues romanes: introduction aux études de linguistique romane, Duculot, Paris, 1994.


METZELTIN, M., Las lenguas románicas estándar: historia de su formación y su uso, Academia de la Llingua Asturiana, Oviedo, 2004.


NADAL FARRERAS, J.M., Las 1001 lenguas, Aresta, Girona, 2008.


PÖCKL, W. et alii, Introducción a la lingüística románica, Gredos, Madrid, 2004.


POSNER, R., Las lenguas romances, Cátedra, Madrid, 1998.


REINHEIMER, S. e TASMOWSKI, L., Pratique des langues romanes, Harmattan, Paris, 1997.


RENZI, L. e ANDREOSE, A., Manuale di linguistica e filologia romanza, Il Mulino, Bologna, 2006.


SCHMIDELY, J. et alii, De una a cuatro lenguas, del español al portugués, al italiano y al francés, Arco libros, Madrid, 2001.


TAGLIAVINI, C., Orígenes de las lenguas neolatinas, FCE, Madrid, 1993.


VÀRVARO, A., Linguistica romanza: corso introduttivo, Liguori, Napoli, 2001.


WALTER, H., La aventura de las lenguas en Occidente. Su origen, su historia y su geografía, Espasa, Madrid, 1997.



5. INDICACIÓNS METODOLÓXICAS.

As clases teóricas van dirixidas ás explicacións dos contidos fundamentais dos temas do programa. As clases prácticas centraranse no bloque D, mediante a aprendizaxe interlingüística contrastiva.

Haberá unha exposición teórica de cada tema, impartida polo profesor nas clases presenciais. O alumno deberá, posteriormente, desenvolver o tema e presentar un comentario ao mesmo, tras a pertinente pesquisa e consulta bibliográfica, nas clases interactivas.

Ao final de cada bloque, o alumno presentará un traballo crítico escrito, con conclusións. O profesor guiará ao alumnos sobre os aspectos fundamentais a desenvolver; para iso utilizaranse as titorías personalizadas. O bloque D será de carácter práctico de laboratorio.

6. DISTRIBUCIÓN DA CARGA DOCENTE.

ACTIVIDADES

HORAS PRESENCIAIS

FACTOR

HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO

TOTAL

Clases teóricas

10

1.5

15

25

Clases interactivas

10

1.5

15

25

debates/comentarios en clase

10

3

30

30

Traballos

2

15

30

32

Prácticas laboratorio

11

2

22

33

Titorías

2

1.5

3

5

Total

45

115

150

CRONOGRAFÍA TEMÁTICA:

O calendario de desenvolvemento de cada bloque temático será aproximadamente o seguinte:

BLOQUE A: SETEMBRO

BLOQUE B: OUTUBRO-NOVEMBRO

BLOQUE C: NOVEMBRO-DECEMBRO

BLOQUE D: DECEMBRO-XANEIRO

7. SISTEMA DE AVALIACIÓN.

A avaliación é continua. A asistencia ás clases e actividades presenciais é obrigatoria e non menor do 90% das horas estipuladas. Ademáis dos comentarios-resumo de cada tema e do traballo crítico de cada bloque, anteriormente indicados, todos os alumnos elaborarán alomenos dous exercicios prácticos en cada bloque temático, que presentarán oralmente na clase. O bloque D será avaliado directamente mediante a realización de exercicios prácticos na aula.

Para todos aqueles alumnos que non superasen a avaliación contínua, haberá un exame final teórico-práctico sobre a totalidade do temario.

A porcentaxe de cada un dos aspectos avaliados será o seguinte:

Aspecto

Criterios

Instrumento de avaliación

Peso avaliativo

Asistencia e participación

- participación activa na clase

- participación nos debates

- control de asistencia

- notas do prof. ás intervencións nos debates

20%

Dominio dos conceptos da materia

- comentarios e exposicións na clase

- traballos escritos

- prácticas de laboratorio

- calificación do profesor

80%

No hay comentarios:

Publicar un comentario