Tamén chamada Occitano ou Provenzal. Lingua románica falada aproximadamente no tercio meridional da República Francesa, nalgunhas vales do Alpes noroccidentais italianos (nas rexións de Val d'Aosta e Piemonte) e na Val de Arán (provincia de Lleida, España), donde se fala unha variedade dialectal do Gascón que é lingua cooficial, xunto co español e o catalán.
Historicamente, o occitano formouse a partir das variedades protorromances propias da galia meridional que, xa dende a época da romanización, e debido, entre outros, a factores de tipo sustratístico, se diferenciaban sustancialmente das variedades galorrománicas septentrionais, o que deu lugar á partición da Galia en dous núcleos lingüísticos, representados cadanseu polo francés (ó norte) e o occitano (ó sur).
Durante a Idade Media, a lingua de Oc convirtiuse no primeiro medio de expresión vernáculo para a literatura de expresión poética na Europa occidental, antecedente, polo tanto, do resto de literaturas vulgares como a francesa, sículo-toscana, galego-portuguesa ou Alto-alemana (Minnesänger). Asemade foi a primeira lingua, fóra do latín, que foi obxecto de estudios retórico-poéticos e gramaticais, adiantándose en case douscentos anos ás primeiras gramáticas renacentistas de linguas de moita máis raigame política ou cultural, como o francés, o castelán o portugués ou o toscano.
A partir do século XV, o occitano -debido sobre todo á implantación do francés como lingua única e oficial no reino de Francia, expresado no edicto de Villers-Cotterêts (1539)- entra nun irreversible proceso de minorización e retroceso no uso escrito, aínda que oralmente vense mantendo, como o que a lingüística francesa ven chamando patois, ata hoxe mesmo, aínda que con moitos altibaixos. A partir da segunda metade do século XIX, e gracias a movimentos de defensa da cultura e da lingua occitanas, entre os que destaca o Felibrige, centrado na figura de Frédéric Mistral (Premio Nobel de literatura en 1906), o occitano recupera parcialmente unha posición entre as linguas escritas europeas minorizadas.
Na actualidade, a súa presencia en Francia como lingua de cultura é moito máis reducida do que na Idade Media: segundo os últimos estudios realizados na década dos noventa, só nas rexións de Aquitania (variedade gascona) e Lengadòc-Roselhon (variedade lengadociana central) pode ser considerado un idioma con competencia e uso, e en donde se empeza a denotar un cambio sustancial de actitude sociolingüística fronte á propia lingua; só na Val de Arán (prov. de Lleida) goza dun status de oficialidade e, polo tanto, de protección. En Francia, debido á intransixencia das sucesivas políticas lingüísticas dos gobernos dende a implantación da V República (con leves aperturas, como a Lei Deixonne, de 1951), o occitano non logrou aínda acadar unha situación de normalidade o cal tamén impediu, ata o de agora, levar a cabo un proceso normativizador coherente que facilite a unificación das distintas variedades dialectais. Por outro lado, a súa presencia social, tanto no ensino como nas intitucións ou nos medios de comunicación é case inapreciable se se compara xa non so co francés, senón tamén con outras linguas minorizadas da Unión Europea, como o catalán, o galego, o romanche, o friulano, que gozan dunha situación máis normalizada e recoñecida, aínda que sen chegaren ó grao das chamadas "linguas de estado".
Tradicionalmente, o occitano vense dividindo en dous grandes áreas supradialectais: o occitano septentrional -hoxendía gravemente minorizado ata a súa case extinción-, representado polas variedades lemosina, auvernesa e provenzal-alpina; e o occitano meridional -en leve proceso de recuperación-, representado polo gascón, o lengadociano e o provenzal.
martes, 22 de septiembre de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
es una pena que estiguem tan poc oberts a les llengües dels nostres pares llingüistics
ResponderEliminarara al 14 de juliol patrocino amb uns coneguts un record a un home que va estar a Vall de Limia el 1933, Hans Karl Schneider, amb ell li parlava aranés i catalá i ell em parlava Platdeutsch i gallec...una meravella,i jo no soc pas filologa,,,fem a Ermille- aun homenatge petitat, sense institucions ni politics...vora Lobeira , esteu convidats mail: trucherocoma@hotmail.com